Contacte: 
630486886
marchagaliza@gmail.com
feminismo.info/webgalego/
Adreça: 
Rúa Romil
36202
Vigo
Persona de contacte: 
Maria Montenegro
Horari d'atenció: 
-

Veure mapa >>

Secció territorial :

Àmbit territorial de la seva activitat:

Forma jurídica :

Any de constitució: 
2002
Descripció de l'entitat : 

A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento internacional de accións feministas que reúne grupos, organizacións de base e mulleres que traballan para eliminar as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e discriminación cara ás mulleres. Os nosos valores e accións oriéntanse a un cambio político, económico e social. Os mesmos que se centran na globalización da solidariedade, na igualdade entre mulleres e homes, entre as propias mulleres e entre os pobos; o respecto e recoñecemento da diversidade entre as mulleres; na multiplicidade das nosas estratexias; na valorización do liderado das mulleres, e no fortalecemento de alianzas entre as mulleres e outros movementos sociais progresistas.

Serveis / Productes: 

- Fortalecer e manter un amplo movemento de solidariedade entre todas as mulleres e organizacións de base para que a Marcha constitúa un xesto de afirmación das mulleres do mundo.
- Promover a igualdade e a xustiza entre as mulleres e os homes, entre as propias mulleres e entre todos os pobos.
- Seguir construíndo e fortalecendo un amplo proceso de educación popular onde todas as mulleres poidan analizar por si mesmas e para elas mesmas as causas da súa opresión, da súa discriminación e as posibles alternativas.
- Poñer en práctica as reivindicacións e as alternativas comúns aos movementos das mulleres do mundo, a escala local, nacional, rexional e internacional, en torno aos temas da pobreza e da violencia cara ás mulleres.
- Exercer presións políticas sobre os gobernos e as institucións políticas multilaterais (por exemplo a ONU) para que realicen os cambios necesarios para mellorar as condicións e a calidade de vida das mulleres do mundo, incluíndo unha política de desarme e de resolución pacífica de conflitos, o fin de todas as impunidades e da corrupción, o uso da violación como arma de guerra, as ocupacións e a presenza militar extranxeira ao igual que a imposición de bloqueos político-económicos.
- Rexeitar e denunciar as institucións internacionais financeiras, económicas e militares (FMI, OTAN, OMC, BM, corporacións transnacionais, axencias de cooperación que condicionan as nosas loitas, etc.) que empobrecen e marxinan ás mulleres e incrementan a violencia cara elas, e traballar con propostas institucionais alternativas.
- Levar á poboación en xeral, aos outros sectores da sociedade e aos movementos sociais a apoiar e realizar os cambios que sexan precisos para mellorar a posición, as condicións e a calidade de vida das mulleres do mundo enteiro.
- Desenvolver e implementar accións e propostas que denuncien áss institucións económicas e financeiras que promoven a explotación e degradación dos nosos recursos, cambio climático e perda de biodiversidade.
- Loitar por unha autoxestión dos nosos recursos ambientais que se basee nun modelo de desenvolvemento que respecte as necesidades básicas das xeracións presentes e futuras.