Os días 19 e 20 de xuño de 2015, Coop57 encóntrase en Euskal Herria. Será un fin de semana cheo de fitos e emocións.

O venres 19, celebraremos os 20 anos dende a data exacta de constitución de Coop57, un 19 de xuño de 1995. Nestes 20 anos Coop57 creceu, evolucionou ata converterse nunha ferramenta potente ao servizo da transformación social. Actualmente Coop57 está formada por máis de 650 entidades socias e máis de 3.000 persoas socias colaboradoras que, de xeito colectivo constrúen, día a día, Coop57. Isto constitúe unha rede de persoas e entidades que traballan conxuntamente e se entrelazan entre si para deseñar estratexias comúns de desenvolvemento da economía social e solidaria.

O Venres 19, pola tarde celebraranse reunións das persoas que formarán parte dos órganos de Koop57 Euskal Herria (consello, comisión social e comisión técnica) conxuntamente con persoas dos mesmos órganos doutras seccións para facilitar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencia. Pola noite celebraremos unha cea conxunta de celebración dos 20 anos de Coop57.

O sábado 20, pola mañá celebraremos a asemblea constituínte de Koop57 Euskal Herria, onde se presentarán todas as entidades que participen, que poden ser xa socias de Coop57 ou que manifesten a súa intención inequívoca de darse de alta como socias de servizos. Así mesmo, elixiranse os órganos de Koop57 Euskal Herria e presentarase, a grandes trazos, o plan de traballo previsto e explicarase o camiño feito ata a data.

Posteriormente, celebrarase a Asemblea xeral de Coop57, onde, principalmente, se presentará a memoria social, aprobación das contas e distribución, se procede, dos resultados correspondentes ao exercicio 2014, os novos servizos financeiros e, abrigo, a presentación e aprobación, se procede, da proposta de creación da sección territorial de Euskal Herria.

Será un fin de semana intenso e bonito onde imos seguir afinando a ferramenta Coop57 coa incorporación de Koop57 Euskal Herria!

 

Ongi Etorri Zuen Etxera!

Benvinguts a casa vostra!

Benvidos a casa vosa!

¡Bienvenidos a vuestra casa!