Galego

Podo operar a distancia con Coop57?

Si. Para facer consultas ou operacións existe unha oficina virtual: https:// coop57.net/ 
 
A oficina virtual é un servizo ao dispor das socias de Coop57 onde facer consultas e operacións.
Galego

Como se toman as decisións en Coop57?

Coop57 é unha cooperativa e por tanto as súas decisións tómanse de forma colectiva e democrática. Organízase por seccións territoriais e existen órganos de decisión a dúas escalas: no ámbito xeral e no ámbito da sección territorial.
 
Ámbito xeral:
 
A Asemblea Xeral é o órgano de decisión máximo da cooperativa. Entre outras funcións, escolle o Consello Reitor, aproba as contas e o plan de traballo, e decide as liñas estratéxicas da cooperativa, os criterios éticos e os prezos.
Galego

Como se organiza e estrutura Coop57?

Coop57 organízase de acordo cun principio fundamental: a proximidade na base social de economía solidaria e ás súas necesidades financeiras. Esta proximidade é o que permite dar un bo servizo e avaliar correctamente os proxectos que necesitan financiamento, máis aló dos criterios de riscos que utilizan as entidades financeiras convencionais.
Galego

Páxinas