A cooperativa Numax, sócia de Coop57, foi recoñecida co prémio ao mellor proxecto cooperativo 2015, polo Consello Galego de Cooperativas, órgano consultivo conformado por representantes das asociacións de cooperativas e administracións públicas de Galiza.

      O devandito prémio será entregado o próximo 4 de Xullo ao abeiro da celebración do "Dia do Cooperativismo Galego", promovido polo Consello Galego de Cooperativas e que terá lugar en Santiago de Compostela.

       Numax é unha cooperativa de traballo sen ánimo de lucro, constituida en 2014 en Santiago de Compostela e cuxa oferta está conformada por unha sala de cinema, un espazo de libraria e un laboratório audiovisual que abriron ao público en Marzo de 2015.

       Numax foi beneficiária dun empréstito de Coop57 de 300.000,00 €, e que foi respaldado por 182 persoas através de avais mancomunados, unha boa práctica de arraigamento social e traballo en rede.

Parabéns.