Fronte á demora do pagamento de subvencións xa aprobadas por parte da administración pública ou facturas pendentes de cobro

Son créditos para avanzar o importe de subvencións ou convenios de entidades socias de Coop57 e organismos públicos, así como facturas pendentes de cobro por prestación de servizos a administracións públicas. Sempre se fai en base a subvencións ou convenios xa concedidos onde o pago aínda non se efectuou ou facturas pendentes de cobro.

Importe e prazos para operación:

  • Importe máximo: 500.000 euros
  • Financiamento entre o 80% e 90% das subvencións, convenios ou facturas (dependendo do caso).
  • Retorno do importe no momento do cobro da subvención (máximo 12 meses).
  • Posibilidade de reembolso anticipado.

Custo financeiro e comisións:

  • 5,25% anual. 3,95% con cesión de crédito.
  • Sen comisións de apertura nin de estudo.
  • Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros tipos de gastos.

Condicións e garantías

  • Pago dos intereses ao vencemento ou por cotas mensuais.
  • Avais mancomunados. Cantidade a determinar no proceso de avaliación da solicitude.
  • Pagaré de garantía para a totalidade do importe que se solicita.
  • Achega a o Fondo de Garantía de Préstamos.

 

Cesión de crédito da administración pública:

Trátase de ceder os dereitos de cobro da subvención en favor de Coop57. Desta maneira, no momento en que a administración efectúa o pago pendente, ingrésase directamente a Coop57. Unha vez Coop57 recibe o pago por parte da administración, desconta a cantidade anticipada, os intereses xerados e ingresa á entidade solicitante o resto da cantidade da subvención.

Condicións e garantías:

  • Custo financeiro: 3,95%.
  • Pagaré de garantía para a totalidade do importe que se solicita.
  • Coop57 paga a diferenza entre o cobrado e o avanzado nun prazo máximo de 5 días.

Documentación específica:

  • Tramitación da cesión de crédito e toma de razón por parte da administración
  • Cesión de crédito asinada pola administración pública