• Poden ser socios e socias colaboradores todas as entidades que compartan os principios de finanzas éticas e solidarias de COOP57.
  • Para adquirir a condición de socio ou socia colaboradora  hai que desembolsar o capital mínimo obrigatorio de 300 euros. O pago desta contía pódese efectuar de xeito fraccionado.
  • O socio ou socia colaborador pode facer achegas adicionais as veces que queira. Tamén pode realizar achegas periódicas de carácter fixo.

Condicións das achegas:

  • As achegas das persoas socias colaboradoras divídense entre a achega mínima obrigatoria (300 euros) e o resto da achega, que ten carácter voluntario.
  • O prazo das achegas é de carácter indefinido até que se manifeste o contrario.
  • A achega obrigatoria forma parte dos fondos propios de Coop57 e polo tanto no estarán suxeitas a remuneración e a súa devolución debe ser aprobada polo consello reitor.
  • O resto da achega, no caso que haxa, forma parte do capital social voluntario e polo tanto estará suxeita á remuneración establecida e a súa devolución será de carácter inmediato.
  • Os socios e socias colaboradores poden ir facendo achegas adicionais e/ou achegas periódicas sempre que se desexe.
  • As achegas voluntarias remunéranse anualmente a data de 31 de decembro.
  • Por acordo da asemblea xeral de Coop57, para o ano 2017, a remuneración ás achegas voluntarias ao capital social é do 0,25% anual.
  • Pódese solicitar a devolución das achegas no momento que se desexe.
  • Por acordo do Consello Reitor de Coop57 e de maneira transitoria, as novas achegas quedan limitadas a 10.000 euros por socio/a e ano.
  • Non hai ningún prazo mínimo de permanencia nin ningunha clase de penalización.
  • Non existe ningún tipo de custo ou comisión asociada á achega do socio ou socia colaboradora.
  • As achegas dos socios e das socias colaboradoras acredítanse mediante contratos nominativos.