ELKARGI é unha sociedade de garantía recíproca especializada en economía social e solidaria. Trátase dunha entidade financeira de carácter mutualista cuxa función é a prestación de avais co fin de facilitar o acceso ao financiamento e mellorar a súa estrutura de financiamento.

Coop57 estabeleceu un acordo de colaboración para poder compartir os riscos de algunhas das operacións financiadas.

Este acordo, extensíbel a todas as entidades socias de Coop57, permite que Coop57 poida aumentar o volume de empréstitos sen que se produza un incremento na asunción de riscos financeiros. Ao mesmo tempo facilita o acceso ao financiamento das entidades socias, xa que estas verán reforzadas as garantías que acheguen e, por tanto, reforzan a súa solicitude de financiamento.

 

 Avalis de Catalunya, SGR, é unha Sociedade de Garantía Recíproca constituída no 2003 para procurar o acceso ao financiamento de pemes e autónomos catalás facilitando o acceso ao financiamento de circulante, investimento e avais técnicos e económicos.

O acordo actual entre Coop57 e Avalis permite acceder ás diferentes liñas de garantías de avais, entre as cales se inclúe un programa de avais específico para operacións financeiras para dar liquidez a entidades afectadas por continxencias vinculadas coa Covid-19. Como requisito, esta liña esixe á entidade que se beneficie do financiamento que se comprometa a manter os postos de traballo.

 

 

 

 Avalmadrid SGR é unha Sociedade de Garantía Recíproca cun dobre obxectivo: por unha banda, facilitar o acceso ao financiamento e, por outro, outorgar avais e fianzas fronte ás Administracións Públicas e ante terceiros, en condicións máis vantaxosas.

O acordo actual entre Avalmadrid e Coop57 permite acceder á súa liña de avais, nunha primeira fase, para proxectos concretos e onde se espera que nunha segunda fase se poida desenvolver un convenio marco por proxectos da economía social e solidaria de Madrid.