Pensados para resolver tensións de tesouraría de entidades socias

Produtos de financiamento de circulante orientados a facilitar operacións a curto prazo para resolver necesidades de liquidez. Articúlase en formato de póliza de crédito ou de préstamo de tesouraría.

Pólizas de Crédito:

Importe e prazos:

  • Vixencia máxima da póliza: 12 meses.
  • Importe máximo: 500.000 euros.

Custo financeiro e comisións:

  • 5,25% anual. Liquídase mensualmente.
  • O custo financeiro só se aplica sobre o capital disposto e polo tempo no que está disposto. Se non se dispón non ten ningún custo.
  • Achega ao Fondo de Garantía de Préstamos
  • Sen comisións de apertura nin de estudo.
  • Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros tipos de gastos.

Garantías:

  • Avais mancomunados da totalidade (ou a parte convida) do importe solicitado.
  • Un pagare de "garantía" polo importe solicitado (un pagaré é un cheque cun vencemento futuro e o asinante do mesmo obrígase a si mesmo a pagar unha cantidade ao vencemento. Recoñécese a débeda, pero non se inmobiliza o diñeiro do banco. Non debe ter custo).
  • Posibilidade de articular outros mecanismos de garantía, a concretar coa Comisión Técnica.

 

Préstamos de tesouraría:

Importe e prazos por operación:

  • Importe máximo: 500.000 €.
  • Prazo: mínimo 1 ano, máximo 5 anos.
  • Posibilidade de carencia (12 meses máximo).
  • Posibilidade de reembolso anticipado.

Condicións e garantías:

Custo financeiro e Comisións:

  • 5,25% anual - Posibilidade de redución do custo financeiro, dependendo das garantías que se poidan establecer.
  • Sen comisións de apertura nin de estudo.
  • Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros tipos de gastos.