Dereitos sociais, de participación, económicos e de información:

  • Os socios e as socias colaboradoras participan na Asemblea da sección territorial de Coop57 á que pertenzan con voz e voto. O seu voto está sometido ao límite que estabelecen os estatutos sociais: non pode superar o 30% da totalidade dos votos sociais. Poden elixir e ser elixidos para os cargos dos órganos sociais de Coop57.
  • Poden participar de todos os espazos de debate e reflexión que se expoñan así como de comisións de traballo que se poidan crear en Coop57.
  • Os socios e as socias colaboradoras non poden recibir empréstitos.
  • As achegas voluntarias están suxeitas a remuneración anual. A contía da remuneración apróbase (ou non) na primeira Asemblea Xeral do exercicio en curso a proposta do Consello Reitor.
  • Os socios e as socias colaboradores teñen dereito a acceder á información da actividade de COOP57. Para este efecto, reciben o Boletín Informativo de COOP57, de periodicidade semestral, onde constan todos os proxectos aprobados e financiados.