Para conceder un crédito, Coop57 pide determinadas garantías á entidade que solicita o apoio financeiro. A filosofía de Coop57 respecto das garantías segue dous camiños.

Por unha banda, búscase a implicación da base social e as redes de apoio da entidade que recibe o préstamo, a través dos avais persoais mancomunados. Doutra banda, Coop57 busca alianzas con outras entidades e administracións para soster de maneira compartida e mancomunada os riscos asumidos na actividade crediticia.

As principais garantías son as seguintes:

Avais persoais mancomunados

Fondos de Financiamento Municipais

Sociedades de Garantía Recíproca

Instrumento de Garantía EaSI

Outros acordos e Garantías