Coop57 iniciou a súa actividade en Catalunya a partir da loita dos traballadores da Editorial Bruguera para manter os seus postos de traballo. En 1986, no medio dunha forte crise industrial da economía española, a coñecida editorial Bruguera declarouse inviable e pasou a mans do Banco de Crédito Industrial. Despois de intentos errados para reflotar a empresa, reconvertela en cooperativa ou buscar comprador, o banco decidiu liquidar a empresa. A isto acolléronse a maioría dos seus 775 traballadores que cansos do proceso, preferiron liquidar os seus contratos. Este non foi o caso de todos os traballadores, algúns dos cales seguiron, durante anos, unha loita xudicial e, en último termo, moral para conseguir aquelas indemnizacións que consideraban xustas. Finalmente, en 1995, este grupo de traballadores gañou o xuízo polo que levaban anos loitando.

Así, este grupo de antigos traballadores creou un fondo con parte das indemnizacións que recibiron polo seu despedimento para promover proxectos económicos que perseguisen a creación de lugares de traballo de calidade, especialmente aplicando modelos cooperativos.

O 19 de Xuño de 1995, con este fondo, creouse Coop57 baixo a fórmula xurídica de cooperativa de servizos financeiros.

Galego

Tipo de pregunta:

Número: 
3