Coop57 organízase de acordo cun principio fundamental: a proximidade á base social de economía solidaria e ás súas necesidades financeiras. Esta proximidade é o que permite dar un bo servizo e avaliar correctamente os proxectos que necesitan financiamento, máis alá dos criterios de riscos que utilizan as entidades financeiras convencionais. Así mesmo, permite ser moi imaxinativos en adecuar os produtos financeiros a cada necesidade concreta.

Para evitar que, ao crecer, se perda esta proximidade, Coop57 puxo en práctica un modelo de desenvolvemento en rede mediante a creación de seccións territoriais e desenvolvendo un modelo de crecemento horizontal. Actualmente existen seccións territoriais en Andalucía, Aragón, Catalunya, Galicia e Madrid. Ademais existen grupos promotores en Asturies, Euskal Herria e País Valencià.

As características deste crecemento en rede son:

  • A existencia dunha soa entidade xurídica, que aplica os mesmos principios éticos e sociais, e os criterios de valoración.
  • A capacidade de cada territorio de autoxestionar a súa base social e a súa actividade (admisión de socios, valoración de proxectos, concesión de préstamos).
  • Os recursos económicos que se captan en cada territorio, destínanse, prioritariamente, a financiar os proxectos do propio territorio pero establecendo solidariedade interterritorial: en caso de que un territorio teña peticións de préstamos que superen os seus recursos, pode pedir a solidariedade doutros territorios que dispoñan de diñeiro excedente.
  • Compártense os servizos comúns de Coop57, situados en Barcelona.
Galego

Tipo de pregunta:

Leave a cooment

Filtered HTML

  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.