As finanzas éticas nacen desde os movementos sociais, pacifistas e ecoloxistas, para dar resposta á inquietude de moitas persoas, empresas e entidades que non querían ver como o seu diñeiro estaba vinculado ao fomento de actividades contra as cales loitaban. As finanzas éticas, pois, nacen da idea de “co meu diñeiro non” para máis adiante incorporar a idea “co meu diñeiro si” e fomentar a aparición de entidades que utilizasen ferramentas financeiras para un desenvolvemento positivo da sociedade.

As finanzas éticas basean a súa forza na súa sinxeleza. Algo tan simple como incorporar a ética ao conxunto das decisións diarias de aforro e investimento.

Esta visión cambia completamente as motivacións, obxectivos e acentos da intermediación financeira respecto á banca tradicional. A intermediación financeira entendida como unha ferramenta ao servizo das persoas e nunca como unha ferramenta simplemente de negocio. Trátase de rescatar o valor social do diñeiro.

Galego

Tipo de pregunta:

Número: 
2