Contacte: 
986447014
maqmaq@gmail.com
www.intergal.coop
Adreça: 
Souto, 1 - Donas
36388
Gondomar
Persona de contacte: 
Miguel A. Quinteiro
Horari d'atenció: 
10:00 - 19:00

Veure mapa >>

Secció territorial :

Àmbit territorial de la seva activitat:

Any de constitució: 
1999

Xarxes a les que pertany:

AGASOL
Descripció de l'entitat : 

En Intergal traballan para desenvolver aplicacións de xestión á medida, tanto para a administración pública como para empresas privadas.
Están especializados na migración ou integración de vellas aplicacións nas novas tecnoloxías, e en ferramentas para xerar programas e aplicacións e- business dunha forma automática, rápida e segura, traballan na explotación remota de aplicacións (ASP), ou no aloxamento e servizos a empresas de desenvolvemento para usuarios finais a través de internet.
A cooperativa confórmase por persoal técnico informático que ven traballando en común dende a década dos anos oitenta, isto fai que dispoñan dun equipo de persoas profesionalizado, consolidado e altamente cualificado, socias e colaboradoras expertas en traballos de análise e desenvolvemento de aplicacións para diversos clientes. Un dos piares estratéxicos para Intergal é manter unha formación técnica de alto nivel, estar ao día na continua readaptación das tecnoloxías, tamén o mantemento dunha rede relacional con outras empresas do sector a nivel europeo é relevante para o seu traballo, polo que respecta a compartir o coñecemento.
Participar e integrarse en plataformas asociativas (tanto do sector tecnolóxico, como do sector cooperativo), é fundamental na súa actividade pola oportunidade que ofrecen de abrir colaboracións, entre outras.

Serveis / Productes: 

Servizos integrais de novas tecnoloxías e internet.

Ubicados no sector das tecnoloxías de alta produtividade, recalcamos o despunte dos seus servizos relacionados coa integración de sistemas, a formación de persoal técnico, ou a comercialización de licenzas para ferramentas de alta produción, entre os máis destacados.