En Coop57 organizámonos por seccións territoriais segundo un modelo organizativo en rede. Isto significa que a nosa forma organizativa é horizontal e baseada nos principios de participación e arraigamento territorial.

A estruturación en base a unha rede de persoas e entidades, que interactúan, se coñecen e se entrelazan entre elas, conforma boa parte da personalidade de Coop57 e a participación das persoas e entidades socias é fundamental para o seu bo funcionamento.

Estruturámonos por seccións territoriais, cada unha das cales ten os seus propios órganos e estruturas de participación. Coop57 só existirá naqueles territorios onde se queira que exista. Serán as persoas e entidades que, organizadas en rede, xestionarán a creación e xestión de cada sección de Coop57 con participación e autogestión.


Previamente á configuración dunha sección territorial, créase un grupo promotor. Este grupo debe ser o motor encargado de empezar a aglutinar as suficientes persoas e entidades do territorio para a futura creación dunha sección territorial.

 

O grupo promotor de Asturies creouse no ano 2012 e desde entón traballa para fortalecer e conformar os órganos e as dinámicas necesarias para configurar a sección territorial de Coop57 Asturies. A finais de abril do 2019, constitúese como Sección territorial Coop57 Asturies tras oito anos de traballo. Na fundación conflúen dezaoito iniciativas cidadás para dar forma e sumarse á ferramenta de Coop57 asturiana.

 

CONTACTO

COOP57 Asturies
C/ Peña Ubiña 3 (Casa de Iniciativas Comunitaria Suañu
33211 Gijón 

Correo electrónico
asturies@coop57.coop