981 422 288
aspromor@aspromor.org

635939533
info@sementetrasancos.gal

Asociación cultural que fan de escola de ensino do galego, dos 2 aos 6 anos. Traballan desde os valores da coeducación, o laicismo, o asamblearismo, a interacción coa natureza, a integración da escola co barrio e a comunidade, e o respecto para a autoregulación da crianza. A escola está situada en Trasancos e forma parte dun conxunto de iniciativas similares a outras cidades galegas.

886116675
eibarquitovelero@gmail.com

Cooperativa formada por un equipo novo, altamente preparado e con ampla experiencia. Enténdese a educación infantil como unha continuación do ambiente familiar.

981589269
anton.insua@cidadania.coop

A utilidade social e a busca dun maior benestar social para o conxunto da poboación é a idea central que guía a nosa actividade. A nosa aposta pola participación, a innovación ou o desenvolvemento da economía social van encamiñados a satisfacer necesidades reais que se lle presentan a nosa sociedade.

986233497
info@arbore.org

Cooperativa de Consumidoras, insertase no funcionamiento e promoción da Economía Social e os seus principios fundamentais. Ademais da propia actividade da cooperativa, existe unha colaboración continuada no tempo con otras entidades sociais de diferentes sectores como as finanzas éticas, a loita antitransxénicos e a colaboración con outros grupos de consumidoras.

981585189
sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Somos unha plataforma social e política de ONG de Desenvolvemento comprometidas coa consecución da xustiza social e o fin das desigualdades globais que traballan dende Galicia para construír un modelo de cooperación transformadora baseado no desenvolvemento sustentable e no enfoque feminista e de dereitos humanos.

881 965 692
direccion@ecosdosur.org

Ecos do Sur é unha ONG que forma parte dun movemento cidadán aberto, aconfesional e diverso, no que un grupo de persoas actuamos por, con e para as persoas, compartindo, difundindo e enriquecendo una mesma misión, visión e valores. 

988206353
info@centroequal.com

O Centro de Educación Ambiental e Albergue Equal inaugurouse en maio de 2002 no concello de Coles.

698 161 760
paulalubian@feitoriaverde.com

Feitoría Verde nace cun obxectivo a longo prazo: crear un proxecto de autoemprego que xere dinámicas de cambio social a través de procesos socioeconómicos respectuosos co medio ambiente. Articúlase sobre dous eixos:     
1. Produción ecolóxica de plantón hortícola. 
2. Desenvolvemento de proxectos de educación ambiental e participación cidadá.

881 888 259
info@habitatsocial.coop

Hábitat Social é unha cooperativa galega integrada por un grupo heteroxéneo de profesionais, esencialmente dos eidos da arquitectura, o urbanismo e as ciencias sociais, que trata de investigar e intervir na complexa realidade que habitamos.

Páxinas