Pensados para resolver tensións de tesouraría de entidades socias

Produtos de financiamento de circulante orientados a facilitar operacións a curto prazo para resolver necesidades de liquidez. Articúlase en formato de póliza de crédito.

Importe e prazos

  • Vixencia máxima da póliza: 12 meses.
  • Importe máximo de saldo dispoñible determinado pola Comisión Técnica.
  • Prazo de devolución: liquídase mensualmente.

 

Custo financeiro

  • 5,40% anual (ano 2019).
  • Custo financeiro final, sen ningún tipo de sobrecusto por outros conceptos.
  • O custo financeiro só aplícase sobre o capital disposto e polo tempo no que está disposto. Se non se dispón non ten ningún custo.
  • Achega ao Fondo de Garantía de Préstamos (0,5% sobre o límite anual).

Garantías

  • Avais mancomunados da totalidade do importe solicitado.
  • Unha obriga de pagamento – pagaré - de "garantía", polo importe solicitado (un pagarei é un cheque cun vencemento futuro e o asinante do mesmo obrígase a si mesmo a pagar unha cantidade ao vencemento. Recoñécese a débeda, pero non se inmobiliza o diñeiro do banco. Non debe ter custo).

Comisións

  • Sen comisións de abertura nin de estudo.
  • Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros tipos de gastos.

 

Documentación

  • Memoria económica que xustifica a necesidade da solicitude de financiamento.
  • Contas anuais (ou Imposto de sociedades) dos 3 últimos anos (non aplicable no caso de proxectos de nova constitución).
  • Plan de viabilidade económica do proxecto.
  • Copia do certificado de estar ao día de pagamentos coa Seguranza Social.
  • Copia do certificado de estar ao día de pagamentos coa Facenda Pública.
  • Copia dos poderes e do nomeamento de cargos do Consello Reitor / Xunta / Padroado da entidade solicitante.
  • Acta do Consello Reitor/Xunta/Padroado onde aparece " reunidas o día ... coa asistencia de ... aproba solicitar un empréstito a Coop57 - especificando motivo , importe e plazo -" , asinado pola Presidencia e Secretaría.
  • Avais mancomunados con  fotocopia do DI / Pasaporte polo 100% do importe solicitado.
  • Persoa que asinará o contrato, de carácter privado, e número de conta bancaria onde Coop57 ten que ingresar o importe do empréstito.
  • Unha obriga de pagamento – pagaré - de "garantía", polo importe de cada disposición.

 

Cesión de crédito da administración pública

No caso de que a póliza articúlese ao redor dunha subvención ou factura pendente de cobro, a cesión de crédito consistiría ao ceder os dereitos de cobro da subvención ou factura en favor de Coop57. Esta cesión exerce de garantía. Deste xeito, no momento en que a administración efectúa o pago pendente, ingrésase directamente a Coop57. Unha vez Coop57 recibe o pago por parte da administración, desconta a cantidade anticipada, os intereses xerados e ingresa á entidade solicitando o resto da cantidade da subvención.

Condicións y garantías:

  • Custo financeiro: 4,90% (ano 2019)
  • Obriga de pagamento de garantía" para a totalidade do importe que se solicita.
  • Coop57 paga a diferenza entre o cobrado e o avanzado nun prazo máximo de 5 días.

Documentación especifica:

  • Cesión de crédito asinada pola administración pública