Os principais empréstimos que se ofrecen dende Coop57 son:

Empréstimos de investimento

Son empréstimos para financiar proxectos e/ou investimentos en inmobilizado. Trátase de empréstimos que a entidade receptora necesita para acometer calquera tipo de investimento ou mellora na súa entidade. Sería o empréstimo estándar tal e como o entendemos.

Convenio de circulante

Produtos de financiamento de circulante orientados a facilitar operacións a curto prazo. O límite de tempo con este servizo aberto é de 18 meses con operacións singulares, dentro deste período, dun máximo de 6 meses e con importes mínimos de 5.000 €.

Anticipo de subvencións

Son empréstimos para avanzar o importe de subvencións ou convenios de entidades socias de Coop57 e organismos públicos. Sempre se fai sobre a base de subvencións ou convenios xa concedidos onde o pagamento aínda non se efectuou.

Endoso de facturas

Son empréstimos para avanzar o importe de facturas por prestación de servizos a administracións públicas. Sempre se fai en base contratos xa subscritos onde o pagamento aínda non se efectuou.

Empréstimos de intercooperación

Os empréstimos de intercooperación son operacións de compra/venda de servizos e/ou produtos entre entidades socias de Coop57.

Empréstimos participativos

É unha tipoloxía de empréstimo para as entidades que necesitan un financiamento estable a medio e longo prazo, non sometido a retornos de capital inmediato. O financiamento debe usarse para a expansión ou consolidación da entidade ou dalgunha liña de actividade e non servirá en ningún caso para refinanciar débedas.

 

Máis información: Opcións de financiamento

Galego

Tipo de pregunta: