Ferramenta tradicional de financiamento. Emprestitos de investimento de inmobilizado.

Son empréstitos para financiar proxectos e/ou investimentos en inmobilizado. Trátase de empréstitos que a entidade receptora necesita para acometer calquera tipo de investimento ou mellora na súa entidade. Sería o crédito estándar tal e como o entendemos.

Importe e prazos para operación:

  • Importe mínimo: 5.000 €
  • Importe máximo: 500.000 €. Pódese ampliar anos casos nos que a cantidade que sobarde os 500.000 € estea avalada por Oinarri, SGR ou outra entidade que actúe como fiadora.
  • Prazo: mínimo 1 ano, máximo 10 anos.
  • Posibilidade de carencia (12 meses máximo).
  • Posibilidade de reembolso anticipado.

Condicións e garantías:

Comisións

  • Sen comisións de abertura nin de estudo.
  • Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros tipos de gastos.

Custo

  • 4,90% anual (para 2019).
  • Custo financeiro final, sen ningún tipo de sobrecusto por outros conceptos.

Documentación

  • Memoria económica que xustifica a necesidade da solicitude de financiamento.
  • Contas anuais (ou Imposto de sociedades) dos tres últimos anos (non aplicable para entidades de nova constitución).
  • Plan de viabilidade económica do proxecto.
  • Certificado de estar ao dia de pagamentos coa Seguranza Social.
  • Certificado de estar ao dia de pagamentos coa Facenda Pública.
  • Copia dos poderes e do nomeamento de cargos do Consello Reitor/ Xunta / Padroado da entidade solicitante.
  • Acta do Consello Reitor/Xunta/Padroado, onde aparece " reunidas o día ... coa asistencia de ... aproba solicitar un empréstito a Coop57 - especificando motivo , importe e prazo -" , asinado pola Presidencia e Secretaría .
  • Avais mancomunados con  fotocopia do DI / Pasoporte polo 100% do importe solicitado.
  • Persoa que asinará o contrato, de carácter privado, e número de conta bancaria onde Coop57 ten que ingresar o importe do empréstito.