Trátase dun financiamento relacionado con proxectos de vivenda cooperativa en réxime de cesión de uso.

Coop57 aposta polo desenvolvemento dunha "nova cultura da vivenda" baseada na satisfacción das necesidades residenciais das persoas e que non entenda a vivenda como un produto de mercado e especulativo. Para iso as accións de financiamento de proxectos de vivenda desenvolvidas por Coop57 deben guiarse polos seguintes principios:   

  • Propiedade colectiva.
  • Promoción e Xestión: Cooperativa - Intercooperación.
  • Distribución: En base a criterios públicos e/ou comunitarios.
  • Consumo: Satisfacer primeira necesidade (vivenda habitual).


Importe e prazos para operación:

  • Posibilidade de carencia de 12 meses máximo.
  • Posibilidade de reembolso anticipado.

 

Comisións:

  • Sen comisións de apertura nin de estudo.
  • Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros tipos de gastos.

Custo financeiro:

  • 2,75% anual (ano 2019).