Unha entidade pode participar en Coop57 de dúas maneiras. As entidades ou persoas xurídicas poden ser socias de Coop57, tanto en condición de entidade socia colaboradora, como entidade socia de servizos.


Entidade socia colaboradora:

As entidades socias colaboradoras vincúlanse a COOP57 porque cren no seu proxecto e queren participar cos seus aforros no desenvolvemento dun instrumento de financiamento alternativo, ético e solidario. Poden realizar achegas ao capital social da cooperativa. Os socios e as socias colaboradoras cren no proxecto de Coop57 e queren que o seu diñeiro sirva para financiar proxectos coherentes cos seus propios criterios éticos e sociais.

Entidade socia de servizos:

Poden ser socias de servizos de Coop57 as cooperativas, asociacións, fundacións, empresas de inserción e outras entidades da economía social e solidaria que realicen unha actividade económica de forma autónoma e que, na base da súa actividade, xeren impactos positivos e/ou acheguen valor engadido ao conxunto da sociedade.

As entidades socias de servizos son aquelas que poden recibir préstamos da cooperativa para o desenvolvemento da súa actividade.

Galego

Tipo de pregunta: