O obxectivo principal de  Coop57 é a transformación social en positivo da nosa economía e da nosa sociedade. Coop57 enténdese a si mesma como unha ferramenta ao servizo dos seus socios e socias e ao servizo desta transformación social. Coop57, por si soa, non poderá transformar a sociedade. O diñeiro por se só, tampouco poderá transformar a sociedade. Serán as entidades, grupos, colectivos e persoas que traballan para esta transformación social as que poderán incidir a modificar a realidade e mellorar a situación do conxunto da  socieda.

Búscase converter o aforro recolleito en crédito transformador para axudar, desde o punto de vista financeiro, a que aqueles proxectos que achegan un valor engadido á nosa sociedade poidan seguir desenvolvendo a súa tarefa.

Galego

Tipo de pregunta:

Número: 
4