Coop57 ten os seus recursos en dous grandes bloques.

O primeiro bloque é o diñeiro concedido en forma de préstamos ás entidades socias.

O segundo bloque é o diñeiro que non se ten concedido en forma de préstamos. Dada a súa condición xurídica, Coop57 só pode depositar os seus recursos en institucións financeiras reguladas. Segundo os nosos acordos internos, como mínimo o 15% dos recursos deben estar líquidos para poder atender as posibles solicitudes de devolución das achegas dos socios de servizos e das socias e os socios colaboradores.

O resto dos recursos que non están destinados a préstamos están depositados en caixas cooperativas. En concreto en Caixa Laboral, en Caixa de Enxeñeiros, en Bantierra (caixa cooperativa, resultado da fusión de tres cooperativas de crédito: Caixa Rural Aragonesa e dos Pireneos, Caixa d'Advocats e Cajalón) e diferentes caixas rurais locais.

Galego

Tipo de pregunta: