O obxectivo de Coop57 é a transformación social en positivo da nosa economía e da nosa sociedade. Coop57 é unha ferramenta (e non unha finalidade) ao servizo da economía social e solidaria.

Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros, enmarcada nunha lóxica máis ampla dentro da economía social e solidaria e as finanzas éticas. Por iso, Coop57 realiza actividade financeira sendo a súa función principal a concesión de préstamos. Aínda así, aínda que a actividade de Coop57 é financeira, o obxectivo da entidade non é económico sinó que o obxectivo é social e desenvolver outro modelo económico e social.

Coop57 leva a cabo este ciclo completo de intermediación financeira coas dúas tipoloxías de socios dos que dispón. Recóllense recursos económicos, principalmente dos socios e socias colaboradores e estes recursos utilízanse para financiar as entidades socias de servizos, entidades da economía social e solidaria.

Galego

Tipo de pregunta: