Coop57 é un instrumento financeiro, que se insire nun marco de finanzas éticas máis amplo. O convencemento é que hai que articular un sistema financeiro alternativo que dea respostas diversificadas ao conxunto de necesidades financeiras da economía social e solidaria, o tecido asociativo e a cidadanía comprometida cos principios cooperativos, de xustiza, equidade e igualdade.

Coop57 cre nun sistema financeiro ético horizontal onde os distintas ferramentas financeiras, dende as máis informais ata as máis formais, aunen esforzos e se situen nun mesmo plano de trato igual e equitativo. Por este motivo, Coop57 participa e traballa con disitintas iniciativas de finanzas éticas tales como Banca Popolare Etica-Fiare, Oikocredit Catalunya, Acció Solidaria Contra l'Atur, FETS, entre outras.

Esta aposta é paralela ao desenvolvemento e crecemento en rede de Coop57, para poder seguir ofrecendo os seus servizos financeiros coa proximidade, axilidade e capacidade de adaptación ás necesidades dos seus socios e socias.

Galego

Tipo de pregunta: