En Coop57 o aforro deposítase en forma de achegas ao capital social da cooperativa.

Non somos un banco, polo cal non se trata de depósitos bancarios clásicos. Por súa vez, non podemos ofrecer servizos de banca tales como contas correntes, tarxetas de crédito, domiciliacións etc.

As achegas ao capital concíbense en Coop57 como aqueles recursos económicos que se teñen aforrados, que polo momento non se necesitan e que, mentres así sexa, decídese telos depositados en Coop57. Por tanto, non existe unha gama de produtos ou servizos de aforro adecuados a diferentes prazos, remuneracións ou liquidez.

Condicións das achegas:

  • As achegas das persoas socias colaboradoras divídense entre a achega mínima obrigatoria (300 euros) e o resto da achega, que ten carácter voluntario.
  • O prazo das achegas é de carácter indefinido até que se manifeste a vontade de recuperar os cartos.
  • Non hai ningún prazo mínimo de permanencia nin ningunha clase de penalización e, por tanto, pódese solicitar a devolución das achegas no momento en que se desexe.
  • Non existe ningún tipo de custo ou comisión asociada á achega do socio ou socia colaboradora.
  • A achega obrigatoria (300 euros) forma parte dos fondos propios de Coop57 polo que non está suxeita a remuneración e a súa devolución debe ser aprobada polo Consello Reitor.
  • O resto da achega, no caso de que a haxa, forma parte do capital social voluntario polo que está suxeita á remuneración estabelecida e a súa devolución será de carácter inmediato.
  • Os socios e socias colaboradores poden ir facendo achegas adicionais e/ou achegas periódicas sempre que así o desexen.
  • As achegas voluntarias remunéranse anualmente na data de 31 de decembro.
  • A cantidade ou porcentaxe de remuneración que se aplique ás achegas voluntarias estabelecerase na Asemblea Xeral como decisión colectiva de todos os socios e socias de Coop57. Por acordo da asemblea xeral de Coop57, para o ano 2024, a remuneración ás achegas voluntarias ao capital social é do 0,50% anual.

Condicións para ser sócia colaboradora

Composición das achegas:

Coop57 non é un banco e como tal non ofrece servizos bancarios (tarxetas, contas correntes, domiciliacións, etc.). O aforro que se destina a Coop57 realízase en forma de achegas a capital social da cooperativa, outorgando así, a condición de socia da mesma.

Achegas obrigatorias a capital social:

Para ser socia colaboradora débese realizar unha achega mínima obrigatoria de 300€ ao capital social de Coop57.  Supón unha achega mínima que se solicita a todas as persoas ou entidades que queren ser socias colaboradoras.

Achegas voluntarias a capital social:

Se se quere achegar máis de 300€, o importe restante é considerado achega voluntaria a capital social. As achegas voluntarias, a diferenza das obrigatorias, son as que se destinan á concesión de empréstitos e teñen unha remuneración económica asociada que, con periodicidade anual, decídese en asemblea.

Todas as achegas - voluntarias e obrigatorias-, son de titularidade da entidade ou persoa socia e pódense recuperar na altura na que se precisen.

Modalidades das achegas*:

Achegas ao capital social da cooperativa: Trátase de achegas ao capital social da cooperativa sen vencemento preestabelecido até que non se exprese o contrario. Para alén da achega inicial que significará a alta como socia da cooperativa, pódense realizar novas achegas ou solicitar devolucións sempre que se queira.

Achegas periódicas: De maneira complementaria, pódese fixar e automatizar unha achega periódica por unha cantidade e periodicidade fixas durante o tempo que se desexe.

*A Asemblea Xeral pode implantar novos servizos financeiros cada ano para satisfacer as necesidades das entidades e das persoas socias.

Realizar achegas ao capital social