Coop57 ofrece servizos de financiamento ás súas entidades, socias de servizos, tentando que se entenda nun marco de solidariedade e axuda mutua.

Información: Sócias de servizos

Preténdese potenciar as seguintes características:

  • O crédito en Coop57 enténdese como unha ferramenta que, ben orientada, debe contribuír á transformación positiva da sociedade. Non se entende como un fin para obter lucros económicos.
  • Os empréstitos, igual que toda a relación entre Coop57 e os seus socios e socias, fundaméntanse na confianza e no respecto mutuo.
  • O sistema de garantías para os préstamos concedidos responde, igualmente, ao principio de confianza a través de avais persoais mancomunados.
  • A flexibilidade e adaptabilidade dos servizos financeiros ás necesidades de cada caso. Búscanse solucións que poidan ser beneficiosas para a viabilidade do proxecto.
  • Non se incorre en gastos como comisións de apertura, comisións de estudo ou gastos notariais, entre outros. Non queremos aumentar os custos financeiros que deben asumir as entidades con gastos que se consideran prescindíbeis. O obxectivo é que todas as entidades socias que necesiten financiamento poidan acceder a el.
  • Os empréstitos son avaliados pola Comisión Técnica de cada sección territorial.
  • Coop57 ten como obxectivo esencial dar apoio financeiro a proxectos cun alto contido social. O seu fracaso tamén é o noso fracaso.
  • Sempre se actuará con rigor e responsabilidade fronte aos socios e socias colaboradores que achegan aforro á cooperativa.

Garantías para os empréstitos

Opcións de financiamento

Pedir financiamiento