Un total de dezaseis proxectos participarán na edición deste ano do Germinador Social, o concurso de innovación social para a transición enerxética impulsado por Som Energia e a Fundación Coop57

Destes proxectos, catorce pertencen á categoría de comunidades enerxéticas, e dúas á de pobreza enerxética. Durante a fase de inscrición o pasado mes de xuño, presentáronse tres proxectos máis que, como que non pertencen a ningún destes dous ámbitos, non poderán participar nesta edición.

Estes son os nomes dos proxectos validados para a categoría de comunidades enerxéticasFractalSolarAvalSolidarizando el SolAxuntase; La FresnedaUn café con CandelaLa Sierra BrillaCocer CooperativaLuco EnergíaEnergía BonitaLa RavalVure de l'aire de Barcelona; Guinardó; y Son Anglada. Esta categoría engloba proxectos que teñen como obxectivo impulsar a aparición dunha comunidade de persoas que, a través dunha participación aberta e colaborativa, poida emprender as accións necesarias para xestionar os recursos enerxéticos a escala local dunha maneira xusta, eficiente e sostible
 

En canto á categoría de pobreza enerxética, participarán os proxectos Autoconsumo colectivo para Fogares Vulnerables e  Cañada Solar. Nesta categoría inclúense iniciativas que teñen como obxectivo mitigar as causas e consecuencias, estruturais e contextuais da pobreza enerxética (entendida como a dificultade ou imposibilidade de acceder a unha cantidade de enerxía suficiente para satisfacer as necesidades domésticas básicas).

Como só hai dous participantes na categoría de pobreza enerxética, fíxose unha reestruturación dos premios. Así pois, para esta categoría haberá dous galardóns, un valorado en 6.000 euros e o outro en 5.000. Para a categoría de comunidades enerxéticas, haberá catro: un de 6.000, un de 5.000 e dous de 4.000 euros.

Os proxectos premiados da presente edición do concurso decidiranse mediante unha votación popular aberta a quen o desexe. As votacións comezarán o próximo 15 de setembro. Faranse a través da web do Germinador Social, onde haberá detallados todos os proxectos. Cada persoa poderá votar tres proxectos de comunidades enerxéticas e un de pobreza enerxética. A mediados de outono anunciaremos os proxectos gañadores desta edición do Germinador Social.

Sale en portada general: