
Lurralde sekzio:
Forma jurídica:
Aldea Ingegral SCG é unha cooperativa de produción e consumo, é dicir, unha empresa de índole social, formada por un grupo de persoas que nos xuntamos para empoderarnos como consumidoras, agricultoras e traballadoras.
A través da fórmula cooperativa acedemos a unha alimentación sana, accesible e xestionada por nós mesmas, cultivando os nosos propios alimentos nas nosas propias hortas e mercando colectivamente outros produtos que precisamos.
Somos unha cooperativa de consumo polo que a nosa actividade principal é o consumo, principalmente alimentario, ainda que tratamos de conseguir a través da cooperativa todo o que precisamos: menaxe, limpeza do fogar, hixiene persoal e todo tipo de bens que precisemos. Ademáis tamén producimos os nosos propios alimentos de forma eco-lóxica e local.
As nosas inquedanzas fan que queiramos formar e informar sobre nutrición, cooperativismo e todo aquilo que poda ser do interese do colectivo. Por iso facemos obradoiros de cociña, xantares populares…