Se estades a pensar en organizar algunha actividade (na vosa asociación, cooperativa, grupo, etc.), e estades interesadas en incluír as Finanzas Éticas, podedes contactar connosco en galicia@coop57.coop.

Faremos o posible por participar e axudar a espallar as ideas que dende diferentes organizacións das Finanzas Éticas se están xerando en canto ao uso e xestión dos recursos colectivos co obxectivo do ben común.

 Se queredes ter unha breve aproximación ao que Coop57 é a día de hoxe e o que pretende ser, podes ver o video de 12 minutos realizado durante o Encontro Estatal 2015, celebrado este ano en Zaragoza: