A orixe de Coop57 está moi vinculado ao apoio a solucións cooperativas para manter e reflotar de forma autoxestionada a empresas industriais en crise. Case 30 anos despois do seu nacemento, Coop57 mantivo esta liña orixinaria apoiando a continuidade da actividade de John Fil, a cooperativa téxtil máis antiga de Cataluña, situada en L’Espluga Calba, unha localidade de Lles Garrigues de pouco máis de 350 habitantes.

John Fil constituíuse en 1970, cando un grupo de persoas pioneiras da mesma vila, encabezados polo cura, iniciaron a actividade téxtil co fin de obter uns ingresos complementarios aos beneficios incertos do campo (principalmente oliveiras, viña, amendoeiras e cebada) e frear, así, o éxodo continuado de xente nova cara ás capitais en busca de postos de traballo.

Nos últimos anos John Fil atravesou unha profunda crise que a levou á quebra económica. Para manter a actividade téxtil e preservar os postos de traballo, fundamentalmente ocupados por mulleres, impulsouse Som Punt, un novo proxecto cooperativo, que contou co apoio dunha rede de entidades de economía social e solidaria do territorio e do propio sector industrial, especialmente mediante prácticas de intercooperación e de axuda ás estratexias de comercialización.

O apoio de Coop57 consistiu en adquirir a unidade produtiva de John Fil para poder poñela ao servizo do novo proxecto industrial cooperativo de Som Punt. Así, Coop57 segue habilitando solucións innovadoras para fortalecer o tecido cooperativo.

Sale en portada general: