Contacto: 
981585189
sensibilizacion@galiciasolidaria.org
/galiciasolidaria.org/
Dirección: 
Rúa Dos Basquiños
15704
Santiago de Compostela
Persona de contacto: 
-
Horario de atención: 
De outubro a maio o noso horario é de 9 a 15 e de 16 a 18 horas. E de xuño a set

Ver mapa >>

Sección territorial:

Ámbito territorial de su actividad:

Forma jurídica:

Año de constitución: 
1991

Sector de actividad:

Descripción de la entidad: 

Somos unha plataforma social e política de ONG de Desenvolvemento comprometidas coa consecución da xustiza social e o fin das desigualdades globais que traballan dende Galicia para construír un modelo de cooperación transformadora baseado no desenvolvemento sustentable e no enfoque feminista e de dereitos humanos.
Queremos ser unha organización formada pola gran maioría das Organizacións da Sociedade Civil que desde Galicia traballan activamente pola promoción e garantía dos dereitos sociais, políticos, civís, económicos e culturais de todas as persoas a nivel global. E confiamos na consolidación dunha Política Pública e Social de Cooperación de calidade, eficiente, sostible e transformadora no marco da coherencia de políticas. A nosa visión é a dun mundo onde a equidade e a igualdade de oportunidades estean aseguradas, onde prevaleza a cultura da paz e as relacións estean baseadas na ética dos coidados e no principio de non discriminación, solidariedade e cooperación.

Servicios/Productos: 

As actuais liñas de traballo da Coordinadora decidíronse de forma consensuada no proceso de redacción do Plan Estratéxico vixente. Son catro: Incidencia política; comunicación e cambio social; representatividade da Coordinadora; e desenvolvemento organizativo.  
INCIDENCIA POLÍTICA É o traballo que dende Galicia levamos a cabo co obxectivo de contribuír a un modelo de desenvolvemento global xusto, construído de forma participada e ambientalmente sostible, para que todas as persoas teñan acceso a unha vida digna e ao pleno exercicio dos seus dereitos sociais, políticos, civís, económicos e culturais. Para iso, incidimos nas administracións públicas, partidos políticos e outro tipo de organizacións que toman decisións, que afectan á vida das persoas, para que sexan responsables cos seus compromisos contra a pobreza global e as desigualdades.
COMUNICACIÓN E CAMBIO SOCIAL Dende a Coordinadora contribuímos a fortalecer unha cidadanía informada, crítica e solidaria que participe da transformación social e política en ámbitos como a loita contra a pobreza global e as desigualdades, a garantía da equidade e a igualdade de oportunidades, a defensa dos dereitos de todas as persoas, a sostibilidade ambiental… Para iso utilizamos, entre outras, ferramentas de comunicación para o desenvolvemento que permiten dar voz ás persoas, principalmente aos sectores máis oprimidos e invisibilizados da sociedade, para que expresen a súa propia visión das problemáticas e teñan un papel protagonista no cambio social. REPRESENTATIVIDADE DA COORDINADORA Nesta liña de traballo promovemos as boas prácticas do sector impulsando a mellora da transparencia, o bo goberno e o cumprimento do Código de Conduta por parte das organizacións.
DESENVOLVEMENTO ORGANIZATIVO Impulsamos o fortalecemento da Coordinadora a partir da promoción da súa sostibilidade e incentivando a participación das ONGD socias no seu día a día.