Contacto: 
881 888 259
info@habitatsocial.coop
habitatsocial.coop/index.html
Dirección: 
Praza de Azcárraga, 6 baixo
15001
A Coruña
Persona de contacto: 
-
Horario de atención: 
-

Ver mapa >>

Sección territorial:

Ámbito territorial de su actividad:

Año de constitución: 
2010
Descripción de la entidad: 

Hábitat Social é unha cooperativa galega integrada por un grupo heteroxéneo de profesionais, esencialmente dos eidos da arquitectura, o urbanismo e as ciencias sociais, que trata de investigar e intervir na complexa realidade que habitamos.
En Habitat Social, apostamos por conxugar o compromiso persoal co profesional para procurar, dende a autoxestión e a autonomía laboral, unha sociedade máis xusta baseada no desenvolvemento comunitario equilibrado.
Deste xeito, centrámonos na construción social do hábitat, co obxecto de mellorar as relacións entre as persoas e destas co medio, natural ou construído. Facémolo traballando coa materia física e coas dinámicas humanas, participando activamente nos procesos, coordinando as axentes implicadas e potenciando o protagonismo das persoas.

Servicios/Productos: 

Estendemos a nosa labor a todas as escalas de intervención sobre o hábitat, ofrecendo servizos nos eidos do urbanismo, a arquitectura, e a intervención comunitaria. En calquera deles, o xeito de traballo baséase na creación de espazos de participación para os diferentes axentes implicados (públicos, colectivos ou privados), potenciando as sinerxías e a coordinación. Así mesmo, apostamos por unha xestión integral do proceso, que vaia dende a identificación e coñecemento das necesidades, pasando polo desenvolvemento das tecnoloxías construtivas ou sociais apropiadas e apropiables polas usuarias ou participantes, ata a execución das mesmas.
No concreto, estes servizos materialízanse a través de:
·Estudos e informes
·Plans e proxectos
·Procesos de xestión social
·Aplicación de tecnoloxías construtivas