O pasado día 23 de febreiro tivemos Asemblea Xeral da sección territorial de Galicia.

Tivemos ocasión de analizar como nos foi no ano 2018 no global da Cooperativa e en Galicia..... foinos ben, moi ben.

E fumos quen de ir debullando as liñas de traballo para este 2019 que pasan por sumar máis persoas e entidades ao proxecto de Coop57, por aumentar as operacións financieiras, por recoller máis aforro consciente e por mellorar a nosa organziación (máis participación e mellor comunicación).

Retos moitos, pero ilusión e gañas de facer e compartir non faltan.

Seguimos......