Coop57 Galicia participa nun encontro dixital organizado pola Rede Portuguesa de Economía Solidaria (RedpEs) o próximo 13 de outubro.

O  webinario "Finanças solidárias. O trabalho da Coop57 Galicia e da Fiare" estará centrado en dar a coñecer experiencias de finanzas solidarias. Explicarase o traballo que se está facendo en Galicia, trasladando tamén as dificultades e desafíos que temos,  os nosos pontos fortes e experiencia, etc, de maneira que poidan servir de aprendizaxe para a  RedPes. Será unha sesión bilingüe, en galego e en portugués.

Participarán na sesión Manuel Adame e Miguel Oujo (Fiar Banca Ética), Maria Atienza (REAS Rede de Redes) e Antón Insua (Coop57 Galiza). O encontro enmárcase no proceso de reflexión que a RedPes está a facer sobre a necesidade de contar con instrumentos de finanzas éticas e solidarias en Portugal. Estamos convencidos de que, a partir deste encontro, abriranse novos espazos de colaboración e apoio mutuo entre a RedPes e Coop57. Convidámosvos a participar!

 

Sale en portada general: