Contacte: 
981138880
colexio@andaina.com
www.andaina.com
Adreça: 
Aguaceiros, 21. A Zapateira
15174
Culleredo

Veure mapa >>

Secció territorial :

Forma jurídica :

Sector d'activitat: 
Formació i Educació

 

Descripció de l'entitat : 

Andaina é unha cooperativa centrada na educación.

A misión
 
A súa misión é a educación e formación das persoas en todos os ámbitos da vida, acompañándoas na súa aprendizaxe para ser cidadáns/ás comprometidos/as e responsables mediante un proxecto innovador e baseado na cultura cooperativa.
Os valores polos que se rexen.
– Participación democrática e responsable mediante o compromiso e a cooperación.
– Cultura profesional, soporte da calidade a través da formación e do intercambio de experiencias nun contexto creativo. – Sentido crítico, entendido como capacidade de reflexión e comunicación, partindo da avaliación individual e colectiva co obxecto da mellora continua.
– Compromiso coa realidade social, cultural, económica, tecnolóxica e lingüística, respectando as diferencias e aprendendo delas.
– Pedagoxías construtivistas e innovadoras que desenvolvan competencias funcionais.

Serveis / Productes: 

Desenvolven servizos e actuacións nos ámbitos do ensino regrado, formación e asesoramento do profesorado, ocio e tempo libre. 
Diríxense a aqueles mercados e segmentos de poboación que potencialmente sexan demandantes dos seus servizos diferenciais.