O pasado 6 de setembro, a cooperativa Llars Familiars –Fogares Familiares– entregou as chaves de cinco pisos rehabilitados na rúa Estel de Reus. Estas vivendas, destinadas a cinco familias que xa poderán vivir a partir de outubro, forman parte do proxecto "Rehabilitem l'Estel", iniciado hai dous anos co apoio de Coop57.

Unha vez máis, o financiamento deste proxecto estruturouse fóra das canles financeiras tradicionais, involucrando ás persoas beneficiarias, a súa rede social, unha campaña de micromecenado coa Fundación Coop57 –onde se recolleron 39.375 euros–, o apoio da administración pública e a colaboración comunitaria.

Con estes cinco pisos, Llars Familiars xestiona actualmente 23 vivendas sociais a prezos xustos no municipio de Reus, onde xa viven máis de cincuenta persoas. Proxectos como estes son esenciais para aquelas persoas que non teñen acceso ao mercado desbocado do alugueiro, proporcionando unha alternativa habitacional xusta, solidaria e alcanzable.

Llars Familiars é unha cooperativa sen ánimo de lucro que garante o acceso á vivenda para persoas que non poden acceder ao mercado convencional. Xestiona vivendas que ofrece aos seus socios en condicións favorables, co obxectivo de empoderalas e implicalas na solución do problema de vivenda cada vez máis urxente e estrutural, dado que a exclusión da vivenda afecta ao 29, 4% dos fogares de Cataluña e o 35,3% da poboación.

Sale en portada general: