Préstamos de Investimento
Ferramenta tradicional de financiamento. Emprestitos de investimento de inmobilizado.
Son créditos para financiar proxectos e/ou investimentos en inmobilizado. Trátase de préstamos que a entidade receptora necesita para acometer calquera tipo de investimento ou mellora na súa entidade. Sería o crédito estándar tal e como o entendemos.
Importe e prazos para operación:
- Importe máximo: 500.000 €. Pode ampliarse nos casos en que a cantidade que supere os 500.000 € está avalada por unha terceira entidade.
- Prazo: mínimo 1 ano, máximo 10 anos.
- Posibilidade de carencia (12 meses máximo).
- Posibilidade de reembolso anticipado.
Condicións e garantías:
- Financiamento ata o 80% do total. Financiamento con fondos propio mínimo dun 20% do custo total do proxecto.
- Avais mancomunados da totalidade (ou a parte convida) do importe solicitado.
- Achega ao Fondo de Garantía de préstamos.
- Posibilidade de articular outros mecanismos de garantía, a concretar coa Comisión Técnica.
Custo financeiro e Comisións:
- 5,25% anual - Posibilidade de redución do custo financeiro, dependendo das garantías que se poidan establecer.
- Sen comisións de apertura nin de estudo.
- Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros tipos de gastos.
Pólizas de Crédito e Préstamos de tesouraría
Pensados para resolver tensións de tesouraría de entidades socias
Produtos de financiamento de circulante orientados a facilitar operacións a curto prazo para resolver necesidades de liquidez. Articúlase en formato de póliza de crédito ou de préstamo de tesouraría.
Pólizas de Crédito:
Importe e prazos:
- Vixencia máxima da póliza: 12 meses.
- Importe máximo: 500.000 euros.
Custo financeiro e comisións:
- 5,25% anual. Liquídase mensualmente.
- O custo financeiro só se aplica sobre o capital disposto e polo tempo no que está disposto. Se non se dispón non ten ningún custo.
- Achega ao Fondo de Garantía de Préstamos
- Sen comisións de apertura nin de estudo.
- Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros tipos de gastos.
Garantías:
- Avais mancomunados da totalidade (ou a parte convida) do importe solicitado.
- Un pagare de "garantía" polo importe solicitado (un pagaré é un cheque cun vencemento futuro e o asinante do mesmo obrígase a si mesmo a pagar unha cantidade ao vencemento. Recoñécese a débeda, pero non se inmobiliza o diñeiro do banco. Non debe ter custo).
- Posibilidade de articular outros mecanismos de garantía, a concretar coa Comisión Técnica.
Préstamos de tesouraría:
Importe e prazos por operación:
- Importe máximo: 500.000 €.
- Prazo: mínimo 1 ano, máximo 5 anos.
- Posibilidade de carencia (12 meses máximo).
- Posibilidade de reembolso anticipado.
Condicións e garantías:
- Avais mancomunados da totalidade (ou a parte convida) do importe solicitado.
- Achega ao Fondo de Garantía de Préstamos.
- Posibilidade de articular outros mecanismos de garantía, a concretar coa Comisión Técnica.
Custo financeiro e Comisións:
- 5,25% anual - Posibilidade de redución do custo financeiro, dependendo das garantías que se poidan establecer.
- Sen comisións de apertura nin de estudo.
- Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros tipos de gastos.
Anticipo de subvencións, convenios e facturas
Fronte á demora do pagamento de subvencións xa aprobadas por parte da administración pública ou facturas pendentes de cobro
Son créditos para avanzar o importe de subvencións ou convenios de entidades socias de Coop57 e organismos públicos, así como facturas pendentes de cobro por prestación de servizos a administracións públicas. Sempre se fai en base a subvencións ou convenios xa concedidos onde o pago aínda non se efectuou ou facturas pendentes de cobro.
Importe e prazos para operación:
- Importe máximo: 500.000 euros
- Financiamento entre o 80% e 90% das subvencións, convenios ou facturas (dependendo do caso).
- Retorno do importe no momento do cobro da subvención (máximo 12 meses).
- Posibilidade de reembolso anticipado.
Custo financeiro e comisións:
- 5,25% anual. 3,95% con cesión de crédito.
- Sen comisións de apertura nin de estudo.
- Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros tipos de gastos.
Condicións e garantías
- Pago dos intereses ao vencemento ou por cotas mensuais.
- Avais mancomunados. Cantidade a determinar no proceso de avaliación da solicitude.
- Pagaré de garantía para a totalidade do importe que se solicita.
- Achega a o Fondo de Garantía de Préstamos.
Cesión de crédito da administración pública:
Trátase de ceder os dereitos de cobro da subvención en favor de Coop57. Desta maneira, no momento en que a administración efectúa o pago pendente, ingrésase directamente a Coop57. Unha vez Coop57 recibe o pago por parte da administración, desconta a cantidade anticipada, os intereses xerados e ingresa á entidade solicitante o resto da cantidade da subvención.
Condicións e garantías:
- Custo financeiro: 3,95%.
- Pagaré de garantía para a totalidade do importe que se solicita.
- Coop57 paga a diferenza entre o cobrado e o avanzado nun prazo máximo de 5 días.
Documentación específica:
- Tramitación da cesión de crédito e toma de razón por parte da administración
- Cesión de crédito asinada pola administración pública
Préstamos de vivenda
Produto para a promoción, compra ou rehabilitación de cooperativas de vivenda en réxime de cesión de uso
Coop57 aposta polo desenvolvemento dunha "nova cultura da vivenda" baseada na satisfacción das necesidades residenciais das persoas e que non entenda a vivenda como un produto de mercado e especulativo. Para iso as accións de financiamento de proxectos de vivenda desenvolvidas por Coop57 deben guiarse polos seguintes principios:
- Propiedade colectiva
- Promoción e Xestión: Cooperativa
- Fomento da Intercooperación
- Distribución sobre a base de necesidades e criterios públicos e/ou comunitarios
- Satisfacer primeira necesidade (vivenda habitual)
Importe e prazos para operación:
- Importe máximo: 2.000.000 euros.
- Prazo máximo: 25 anos.
- Posibilidade de carencia (24 meses máximo).
- Posibilidade de reembolso anticipado.
Condicións e garantías:
- Financiamento ata o 80% do total. Financiamento con fondos propio mínimo dun 20% do custo total dos proxectos.
- Achega a o Fondo de Garantía de préstamos.
- Garantías da operación a definir por parte da Comisión Técnica na análise do préstamo.
Custo Financeiro e Comisións:
- 3,35% anual.
- Sen comisións de apertura nin estudo.
- Sen penalizacións para a amortización anticipada nin outro tipo de gastos.
Préstamos para locais de entidades
Produto para a adquisición ou posta en funcionamento de locais sociais propios de entidades socias de servizos de Coop57
Trátase de facilitar o acceso das entidades a un local que permita desenvolver a súa tarefa. Só se financiarían locais directamente vinculados coa actividade principal da entidade.
Defínense dúas tipoloxías de financiamento:
Adquisición: Produto para a adquisición ou posta en funcionamento de locais sociais propios de entidades socias de servizos de Coop57.
Importe máximo: 1.000.000 euros.
Investimento: Produto para facer investimentos en locais en propiedade, cesión ou alugueiro de entidades socias de servizos de Coop57.
Importe e prazos por operación:
- Importe máximo: 600.000 euros.
- Prazo máximo: 15 anos.
- Posibilidade de carencia (12 meses máximo).
- Posibilidade de reembolso anticipado.
Condicións e garantías:
- Financiamento ata o 80% do total. Financiamento con fondos propio mínimo dun 20% do custo total do proxecto.
- Achega ao Fondo de Garantía de préstamos.
- Garantías da operación a convir coa Comisión Técnica na análise do préstamo.
Custo Financeiro e Comisións:
- Entre un 3,65% e un 4,65% anual (adquisición) e 4,25% (investimento) por determinar en función das garantías que se poidan establecer.
- Sen comisións de apertura nin estudo.
- Sen penalizacións por amortización anticipada nin outro tipo de gastos.
Préstamos de enerxía
Préstamos de investimento para proxectos relacionados coa enerxía
Son créditos para financiar proxectos e/ou investimentos a longo prazo relacionados coas enerxías renovables, a eficiencia enerxética e, en xeral, con proxectos que fomenten un cambio de modelo enerxético pola sustentabilidade e a democratización na produción, comercialización e consumo da enerxía.
Importe e prazos por operación:
- Importe máximo de 500.000 euros. Pode ampliarse nos casos en que a cantidade que supere os 500.000 euros estea avalada por unha terceira entidade.
- Prazo: máximo 10 anos.
- Posibilidade de carencia (12 meses máximo).
- Posibilidade de reembolso anticipado.
Condicións e garantías:
- Financiamento ata o 80% do total.
- Avais mancomunadosda totalidade (ou a parte convida) do importe solicitado.
- Achega a o Fondo de Garantía de préstamos.
- Outras garantías, se fosen necesarias.
Custo financeiro e Comisións:
- Entre 3,45% e 4,45% a determinar segundo o caso
- Sen comisións de apertura nin estudo.
- Sen penalizacións por amortización anticipada nin outros gastos.
Préstamos para a capitalización de cooperativas e sociedades laborais
Para fortalecer a solidez financeira das entidades socias
Produto para financiar o desembolso das achegas ao capital social dos socios e socias de cooperativas e sociedades laborais, co obxectivo de aumentar os seus fondos propios.
Importe e prazos para a operación:
- Importe mínimo: 2.000 euros.
- Importe máximo: 10.000 euros
- Prazo devolución: máximo 5 anos.
- Posibilidade de reembolso anticipado.
- Sen posibilidade de carencia.
Custo financeiro e Comisións:
- 3,80% anual.
- Sen comisións de apertura nin estudo.
- Sen penalizacións para amortización anticipada nin outros tipos de gastos.
Outras consideracións:
- O préstamo concédese á persoa socia que é quen capitaliza a súa entidade
- Coop57 non financiará o desembolso inicial da achega obrigatoria, esixido por lei para constituír a cooperativa.
- As achegas financiadas non son esixibles para a persoa socia subscritora, durante a vixencia do préstamo.
- A persoa/entidade socia e a cooperativa son solidariamente responsables do importe do préstamo e da súa devolución a Coop57.