Poden ser socias de servizos de Coop57 as cooperativas, asociacións, fundacións, empresas de inserción e outras entidades da economía social e solidaria que realicen unha actividade económica de forma autónoma e que, na base da súa actividade, xeren impactos positivos e/ou acheguen valor engadido ao conxunto da sociedade.

Non poden ser entidades socias de servizos persoas individuais nin formas xurídicas simplemente mercantís, tales como unha S.L. ou unha S.A.

A forma xurídica en Coop57 é un aspecto importante. Desexamos fomentar modelos económicos que representen modelos colectivos e cooperativos onde a estrutura organizativa sexa horizontal e democrática e onde o reparto da riqueza xerada a través da actividade da entidade sexa repartida da maneira máis equitativa posíbel.

Formas xurídicas aceptadas:

  • Asociación
  • Autónomo/a (condicións excepcionais)
  • Cooperativas de todo tipo
  • Empresa de Inserción
  • Fundación
  • Sociedade Agraria de Transformación
  • Sociedade Anónima Laboral
  • Sociedade Limitada Laboral
  • Montes Veciñais en Mancomún

 

 

As características esenciais das entidades socias de servizos son:
 
  • Son entidades da economía social e solidaria.
  • Poden gozar dos servizos financeiros que se ofrecen e recibir empréstitos de Coop57.
  • Para a formalización da alta, débese realizar unha achega obrigatoria ao  capital social de 901,52 euros e aboar 98,48 euros para cubrir os gastos deentrada.
  • Ademais, poden depositar diñeiro a Coop57 en forma de achegas voluntarias ao capital social da cooperativa.
  • Participan da toma de decisións da entidade na asemblea e nos órganos políticos de Coop57.

Condicións para ser sócia de servizo

  • Poden ser socias de Coop57 as cooperativas, asociacións, fundacións, empresas de inserción e outras entidades da economía social e solidaria que realicen unha actividade económica de forma autónoma e sobre a base de criterios de democracia económica, e que compartan os principios de finanzas éticas e solidarias de Coop57.
  • Para ser entidade socia de servizos débese realizar un proceso de avaliación social do que resulta un informe. A aprobación da aceptación ou non da entidade solicitante como socia de servizos de Coop57 corre a cargo do consello reitor.
  • Para formalizar a condición da entidade socia de servizos débese realizar unha achega obrigatoria ao capital social de 901,52 euros e aboar 98,48 euros para cubrir os gastos de entrada.
  • As achegas obrigatorias dos socios de servizos (901,52 euros) participan dos resultados de Coop57, mais non xeran ningunha clase de remuneración económica.
  • Adicionalmente, as entidades socias de servizos poden facer achegas voluntarias de capital. Estas achegas remunéranse cun xuro anual que decide a Asemblea e non participan dos resultados de COOP57.
  • Ningunha entidade socia de servizos pode ter máis do 4% do capital de Coop57.

Dereitos e deberes das sócias de servizos

  • Poden gozar dos servizos financeiros que se ofrecen e recibir empréstitos de Coop57.
  • As socias de servizos participan na Asemblea da sección territorial de Coop57 á que pertenzan con voz e voto. Cada socia ten un voto, con independencia das achegas efectuadas.
  • As socias elixen –e poden ser elixidas como–  delegadas á Asemblea Xeral e membros dos órganos sociais.
  • Participan da toma de decisións da entidade na asemblea e nos órganos políticos de Coop57.
  • As achegas obrigatorias están sometidas ás perdas e ás ganancias de Coop57 segundo decisión da Asemblea (o cal pode comportar a redución ou a ampliación de capital social obrigatorio desembolsado).
  • Segundo a lexislación, só as socias de servizos de COOP57 poden recibir empréstitos e beneficiarse dos seus servizos financeiros.
  • As achegas das socias de servizos, tanto as obrigatorias como as voluntarias, acredítanse mediante títulos nominativos.
  • O prazo das achegas voluntarias é de carácter indefinido até que se manifeste o contrario.
  • Pódese solicitar a devolución por anticipado das achegas voluntarias sen ningún tipo de penalización ou custo.
  • En caso de perda da condición de socia de servizos, esta pode solicitar o reembolso da achega obrigatoria ao capital social, cuxo valor será estimado sobre a base do balance do exercicio no cal se produza a baixa, unha vez o aprobe a Asemblea Xeral. Deberanse deducir as perdas do exercicio, as amortizacións acreditadas e todos os outros conceptos que estabeleza a Lei.

 

Facerte sócia de servizo

Para se converter en socia de servizos de Coop57 débense seguir os seguintes pasos:

1)   A entidade debe cubrir a solicitude de alta como socia, e un cuestionario social. A finalidade deste cuestionario é que Coop57 teña elementos para valorar os aspectos xerais da entidade.

2)   Unha vez a entidade devolveu o cuestionario cuberto, a Comisión Social concerta unha reunión coa entidade para afondar sobre os aspectos que trata o cuestionario e poder coñecer de primeira man a organización.

3)   Posteriormente á reunión, a Comisión Social emite un informe que pode ser favorábel ou non. Este informe pásase ao Consello de Sección e posteriormente ao Consello Reitor, que finalmente resolve a solicitude de incorporación, con toda a información dispoñíbel.

4) Unha vez a entidade foi admitida como socia, debe facer unha achega ao capital social de Coop57 de 901,52 euros e aboar 98,48 euros como gastos de incorporación.

5) Se a entidade solicita algún dos servizos financeiros, é a Comisión Técnica a que pide as informacións pertinentes para valorar a idoneidade da petición.

Para iniciar os trámites podes encher o cuestionario seguinte:

Formulario para solicitar o alta como socio de servizos

Tamén podes solicitar información por correo electrónico enviando un correo ao enderezo ou dirixíndote, fisicamente, ás sedes de Coop57. Para consultar os datos de contacto ir aquí.