Catro cooperativas máis de Marinaleda sumáronse a Coop57 Andalucía no primeiro trimestre do 2021. Con estas benvidas, máis da metade das cooperativas desta vila andaluza referente forman parte do noso ecosistema.

A experiencia de transformación social de Marinaleda é un referente para multitude de colectivos, grupos e xentes de moitísimos lugares do mundo. A construción dunha economía onde os medios de produción están baixo o control das persoas que os usan, traballan e xeran a riqueza ao servizo de quen naceu á calor de lotas xornaleiras que lograron a toma da terra da leira do Humoso. A partir de aí conformouse un proxecto onde a Cooperativa Marinaleda é o referente sobre o que se organizou un potente tecido produtivo cooperativo e transformador. 
 

A Cooperativa Marinaleda, cooperativa de segundo grao formada por oito cooperativas agrarias e constituída en 1990, convertíase en 2015 en entidade socia de servizos en Coop57 Andalucía. Durante este tempo, as relacións entre Coop57 e a Cooperativa Marinaleda fortalecéronse a través de varias liñas de financiamento. Por exemplo, a exitosa campaña de títulos participativos por valor de 600.000 euros, préstamos para investimentos e a súa colaboración na primeira campaña de doazóns da Fundación Coop57 do #GazpachoGitano.

 
AS COOPERATIVAS DE MARINALEDA Y COOP57
 
Agora, en 2021, catro das cooperativas de primeiro grao que forman parte deste paraugas transformador formalizaron a súa entrada como socias de servizos. As novas incorporacións son Camilo Cienfuegos, Los Compañeros, Domingos Rojos e Tierra, Trabajo y Libertad. Cada unha delas está dedicada a unha fase específica da produción agrícola, deixando á entidade de segundo grao as labouras de transformación e comercio.
 
Así, unha vila como a de Marinaleda, con pouco máis de 2.500 habitantes, conta con dous terzos das cooperativas do municipio como socias de Coop57. Estes proxectos xeran emprego para máis de 400 traballadoras e riqueza, repartida de maneira xusta, no medio rural andaluz.
 
Ambas experiencias, Coop57 e Marinaleda, nacidas das loitas obreiras, danse a man demostrando que outra forma de produción e financiamento é posible baseada nos valores da economía social solidaria e transformadora. Todo iso con ferramentas coherentes cos nosos principios e obxectivos. Benvidas!
 
 
Sale en portada general: