O 19 de xuño de 1995 constituíuse, oficialmente, Coop57. Polo tanto, o 19 de xuño de 2015, cumprimos 20 anos! 20 anos intentando incidir e construír outra economía para outra sociedade, ao servizo da transformación social. Repasamos brevemente estes 20 anos:

A historia de Coop57 a pinceladas

A prehistòria (1986-1995): a loita de Bruguera e a creación de coop57

As orixes de Coop57 remóntanse á loita dos traballadores da Editorial Bruguera. Cando a editorial pechou en 1986 e, despois dun longo procedemento xudicial, en 1989 un grupo de 80 antigos traballadores creou un fondo colectivo con parte das indemnizacións recibidas. Este fondo dividiuse en tres partes: unha destinouse a outra loita obreira (ao Sindicato de Obreros del Campo de Andalucía); outra dedicouse á solidariedade internacionalista (enviouse a Nicaragua) e co resto, uns 30 millóns de pesetas (178.000 €), creouse un fondo para proxectos  autoxestionarios de creación de postos de traballo. Este fondo é a orixe de Coop57, que se creou o 19 de xuño de 1995.

As transformacións de coop57: de caixa de resistencia ás finanzas éticas e solidaries (1995-2005)

En 1995 constituíuse Coop57 como cooperativa de servizos financeiros. Nun primeiro período, até 2001, definiu o seu modelo xurídico e de funcionamento e comezaron a realizarse as primeiras operacións crediticias. Nestes anos, o seu desenvolvemento estivo moi vinculado ao cooperativismo de traballo asociado autoxestionario.

Nunha segunda etapa, a partir do ano 2001, Coop57 decidiu ampliar a súa base social e o seu ámbito de actuación a outros tipus de entidades da economía social e solidaria de Catalunya. Paralelamente, a súa base de persoas socias colaboradoras foi crecendo tamén, buscando abrirse á cidadanía comprometida.

A consolidación e o crecemento en rede (2005-2009)

A partir de 2005, paralelamente ao afondamento do crecemento e da ampliación da base social en Catalunya, Coop57 puxo en práctica un crecemento en rede. Aquel ano, un grupo de entidades de economía social e solidaria de Aragón e Coop57, conxuntamente, decidiron compartir o proxecto. A idea foi aproveitar a experiencia, a estrutura xurídica e a estrutura técnica de Coop57, pero aplicando un modelo que permitise que cada territorio se autoxestionase. Isto deu lugar á creación de Coop57 Aragón segundo un modelo de desenvolvemento en rede.

De acordo con estes principios, constituíronse posteriormente Coop57 Madrid (2006), Coop57 Andalucía (2008) e Coop57 Galiza (2009) e articuláronse grupos promotores en Asturies, o País Valencià e Euskal Herria.

O crecemento en tempo de crise (2009-2015)

Durante o período de profunda crise dos últimos anos, a actividade de Coop57 orientouse a dar resposta ás necesidades financeiras das entidades da economía social e solidaria, consolidando unha ferramenta financeira que evitou que a restrición crediticia afogara entidades viábeis que levan a cabo un labor social e económico para transformar a sociedade. Isto comportou un gran crecemento, tanto en número de entidades e persoas socias, como en volume de achegas e de empréstitos concedidos. Ao mesmo tempo, Coop57 consolidou a súa organización en seccions territoriais e, nalgunha delas, articulou grupos locais, sectoriais e outras formas de arraigo, de capilaridade e de participación da base social.

Unha nova etapa comezou co encontro 2015!

Agora que xa hai 20 anos que naceu Coop57, agora que xa hai 10 que iniciamos o modelode crecemento en rede coa constitución da primeira sección territorial en Aragón, o contexto actual lévanos a pensar que é o momento de comezar unha nova etapa. Coop57 sempre expresou o desexo de ser unha ferramenta ao servizo da transformación social e da economía social e solidaria. Pero para ser unha ferramenta útil, temos que poder deseñar as solucións adecuadas ás necesidades actuais das entidades e as persoas socias. É un momento de inflexión e moi importante no seo do proxecto.

Cada vez xorden máis ideas, proxectos e enerxías para renovar e redefinir o que queremos. O contexto e a efervescencia socioeconómica e política que estamos vivindo proponnos novos retos. Para afrontalos debemos afinar a ferramenta e, incluso expor unha certa mutación de Coop57. Ser valentes e innovar, como fixemos sempre.