Contacto: 
886116675
eibarquitovelero@gmail.com
www.barquitovelero.gal
Dirección: 
Ernesto Lecuona, 4, Bajos
36205
Vigo

Ver mapa >>

Sección territorial :

Sector de actividade: 

 

Descrición da entidade: 

Cooperativa formada por un equipo novo, altamente preparado e con ampla experiencia. Enténdese a educación infantil como unha continuación do ambiente familiar. A prioridade é proporcionar aos nenos e nenas o agarimo e a seguridade necesarios para que experimenten e manifesten as súas emocións, desde os seus propios ritmos evolutivos e cunha axuda e atención personalizada, facendo posible que desenvolvan os obxectivos desta etapa que farán que sexan homes e mulleres no futuro, íntegros e felices.

Servizos / Produtos: 

Barquito Velero escolariza o Primeiro Ciclo de Educación Infantil, que abarca desde os 4 meses, até os 3 anos formando grupos en función da idade e do desenvolvemento do neno/a.Horario ininterrompido de 7:30 a 20:00 horas, de xaneiro a decembro ofrecendo varias opcións de xornada, para axustarse ás necesidades de cada familia.

Realizamos cos nosos alumnos e durante todo o curso:

- Diversos talleres traballando temas de interese e contando ademais coas familias.
- Celebración de festas como a vendima, Samaín, o Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, etc.
- Organízanse saídas para que sintan, vexan e aprendan, como a recollida da folla, a visita ao zoo ou a máis especial, "o acampada".
- Servizo de actividades extraescolares para nenos e nenas de 3 a 8 anos.
- Ofrécese un amplo abanico de actividades novas, exclusivas, dinámicas, creativas e educativas como: música e movemento, cociñando en inglés, xogando coa ciencia, talleres creativos ou Ioga para niñ@s.

Imagen1 Barquito Velero, Sociedades Cooperativa Galega