Contacto: 
698 161 760
paulalubian@feitoriaverde.com
www.feitoriaverde.wordpress.com
Dirección: 
Presidente Salvador Allende, 13
15705
Santiago de Compostela

Ver mapa >>

Sección territorial :

Sindicato Labrego Galego, UGACOTA
Sector de actividade: 

 

Descrición da entidade: 

Feitoría Verde nace cun obxectivo a longo prazo: crear un proxecto de autoemprego que xere dinámicas de cambio social a través de procesos socioeconómicos respectuosos co medio ambiente. Articúlase sobre dous eixos:     
1. Produción ecolóxica de plantón hortícola. 
2. Desenvolvemento de proxectos de educación ambiental e participación cidadá.
Feitoría Verde somos catro mulleres que queren xerar un proxecto estable e sustentable de economía social, respectuoso co ambiente e coa sociedade e recoñecido polo seu traballo e implicación no desenvolvemento rural e comunitario.

Servizos / Produtos: 

O nosos traballo conta con dous eixos:    
1. Produción ecolóxica de plantón hortícola. Vendemos en mercados, no noso viveiro de Vedra e producimos planta baixo pedido. 
2. Educación ambiental e participación cidadá. Traballamos proxectos para o fomento da agroecoloxía, o desenvolvemento rural, a xestión do territorio, a redución de residuos, a prevención do cambio climático ou a dinamización comunitaria.
A nosa intención é crear procesos de implicación social e capacitación para a participación activa en cuestións ambientais.

Imagen1 Feitoria Verde S.Coop.Galega