Contacto: 
981 575 578
info@espazo.coop
espazo.coop/
Dirección: 
Rúa do Hórreo, 104 - Baixo Esquerda
15701
Santiago de Compostela

Ver mapa >>

Sección territorial :

Forma xurídica :

http://espazo.coop/a-union/redes/ (Detalle das redes nas que participa)
Sector de actividade: 
Sectores de actividade complementaria: 
http://espazo.coop/a-union/directorio/ (Detalle das entidades de Espazocoop)

 

Descrición da entidade: 

MISIÓN A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxetivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperavismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria. VISIÓN Espazocoop aspira a ser a entidade de referencia no ámbito do cooperativismo galego, no marco da economía social e solidaria, con vocación de influencia na sociedade e de transformación social, consolidando os valores e principios cooperativos e colaborando na consecución dunha economía baseada na primacía das persoas, o desenvolvemento sostible e a responsabilidade social.

Servizos / Produtos: 

[Espazocoop conta con sedes en Coruña, Santiago de Compostela e Vigo]Desde a Unión de Cooperativas Espazocoop ofrecemos ás cooperativas, aos grupos promotores de cooperativas e ás persoas interesadas en xeral, distintos servizos: Servizos de asesoramento e xestión Asesoramento e xestión de trámites societarios: modificacións estatutarias, altas e baixas de persoas socias, renovacións de cargos, etc.Asesoramento empresarial: laboral, fiscal, contable.Asesoramento en axudas e subvencións.Asesoramento xurídico. Actividades formativas Programas formativos destinados a persoas socias e persoal asalariado das cooperativas.Emprendemento cooperativo para persoas emprendedoras que estén interesadas na fórmula cooperativa.Programa de bolsas en función xerencial cooperativa. Servizos de acompañamento e titorización Titorizacion de grupos emprendedores.Titorización en plans de mellora para cooperativas asociadas. Podes atopar más información sobre as actividades formativas nesta mesma web:  no apartado formación  ou solicitar información sobre servizos no apartado de contacto