Submitted by Coop57 on
O 15 de febreiro, desde Coop57 Galiza fíxose a Asemblea Xeral Extraordinaria da Sección Territorial. É un espazo de participación e decisión previo á asemblea xeral das sete seccións que conforman Coop57.
A asemblea extraordinaria de principio de ano permitiu que desde Galiza se aprobase por unanimidade tanto o plan de traballo e orzamento do 2020, como un plan de traballo específico para a sección territorial. Entre outros aspectos, inclúe unha campaña de captación de socias colaboradoras, o aumento do aforro na cooperativa e a celebración do décimo aniversario da sección -prevista para principios de xuño. Ademais, acordouse solicitar a incorporación en REAS Galiza.
No espazo tamén se fixo balance do traballo do ano anterior. Valoráronse positivamente os resultados a nivel de sección en canto á actividade crediticia, o aumento do aforro e a incorporación de novas entidades socias de servizos durante o 2019.
Ampliouse o Consello de Sección, pasando de cinco a oito persoas. Renováronse algúns dos cargos. Para empezar, incorporouse unha nova presidenta, Teresa Rivas, da cooperativa Ardora Formación e Servizos. Tamén se renova a secretaría, que ocupará Ramón Rodríguez, de Espazocoop. Estas mesmas persoas serán as representantes da Sección Territorial no Consello Reitor da cooperativa. Ademais, actualizáronse as persoas integrantes das Comisións Social e Técnica, que suman dez e nove integrantes, respectivamente. Finalmente, o novo Consello de Sección terá un equilibrio paritario: 50% de homes e de mulleres. Ata ou de agora, só había unha muller neste Consello.
Na asamblea participaron oito entidades e nove socias colaboradoras, ademais de contar con representantes de Fiare Git Norte de Galicia e de Reas Galiza, a quen se convidou a asistir.