- Poden ser socios e socias colaboradores todas as entidades que compartan os principios de finanzas éticas e solidarias de COOP57.
- Para adquirir a condición de socio ou socia colaboradora hai que desembolsar o capital mínimo obrigatorio de 300 euros. O pago desta contía pódese efectuar de xeito fraccionado.
- O socio ou socia colaborador pode facer achegas adicionais as veces que queira. Tamén pode realizar achegas periódicas de carácter fixo.
Condicións das achegas:
- As achegas das persoas socias colaboradoras divídense entre a achega mínima obrigatoria (300 euros) e o resto da achega, que ten carácter voluntario.
- O prazo das achegas é de carácter indefinido até que se manifeste o contrario.
- A achega obrigatoria forma parte dos fondos propios de Coop57 e polo tanto no estarán suxeitas a remuneración e a súa devolución debe ser aprobada polo consello reitor.
- O resto da achega, no caso que haxa, forma parte do capital social voluntario e polo tanto estará suxeita á remuneración establecida e a súa devolución será de carácter inmediato.
- Os socios e socias colaboradores poden ir facendo achegas adicionais e/ou achegas periódicas sempre que se desexe.
- As achegas voluntarias remunéranse anualmente a data de 31 de decembro.
- Por acordo da asemblea xeral de Coop57, para o ano 2023, a remuneración ás achegas voluntarias ao capital social é do 0,30% anual.
- Pódese solicitar a devolución das achegas no momento que se desexe.
- Non hai ningún prazo mínimo de permanencia nin ningunha clase de penalización.
- Non existe ningún tipo de custo ou comisión asociada á achega do socio ou socia colaboradora.
- As achegas dos socios e das socias colaboradoras acredítanse mediante contratos nominativos.