- Poden gozar dos servizos financeiros que se ofrecen e recibir empréstitos de Coop57.
- As socias de servizos participan na Asemblea da sección territorial de Coop57 á que pertenzan con voz e voto. Cada socia ten un voto, con independencia das achegas efectuadas.
- As socias elixen –e poden ser elixidas como– delegadas á Asemblea Xeral e membros dos órganos sociais.
- Participan da toma de decisións da entidade na asemblea e nos órganos políticos de Coop57.
- As achegas obrigatorias están sometidas ás perdas e ás ganancias de Coop57 segundo decisión da Asemblea (o cal pode comportar a redución ou a ampliación de capital social obrigatorio desembolsado).
- Segundo a lexislación, só as socias de servizos de COOP57 poden recibir empréstitos e beneficiarse dos seus servizos financeiros.
- As achegas das socias de servizos, tanto as obrigatorias como as voluntarias, acredítanse mediante títulos nominativos.
- O prazo das achegas voluntarias é de carácter indefinido até que se manifeste o contrario.
- Pódese solicitar a devolución por anticipado das achegas voluntarias sen ningún tipo de penalización ou custo.
- En caso de perda da condición de socia de servizos, esta pode solicitar o reembolso da achega obrigatoria ao capital social, cuxo valor será estimado sobre a base do balance do exercicio no cal se produza a baixa, unha vez o aprobe a Asemblea Xeral. Deberanse deducir as perdas do exercicio, as amortizacións acreditadas e todos os outros conceptos que estabeleza a Lei.