O pasado venres 26 de xuño, Coop57 firmou un acordo con EaSI. Ábrese un novo ámbito de colaboración e actuación para a cooperativa.

O programa é un instrumento financeiro da Unión Europea que pretende promover a ocupación, estruturado entre eixes, un dos cales enfócase ao emprendemento social. O acordo, enmarcado neste eixe e dirixido ás entidades de economía social e solidaria, permite o acceso a un fondo de avais que axude a sustentar o risco asumido por Coop57 nos proxectos financiados.
 
Este acordo ten unha duración de cinco anos e é o froito de máis dun ano de traballo para sacar adiante a solicitude ao programa. O esforzo pagou a pena, posto que dispor deste aval do programa. EaSI é moi importante para Coop57. Supón un fortalecemento da solvencia da entidade e contribúe a sumar máis elementos á súa solidez financeira. Coop57 segue traballando cada vez máis ámbitos para ser unha cooperativa fnanceiramente forte. Unha fortaleza que permita responder ás necesidades das socias e que facilite continuar apoiando iniciativas que traballan por unha economía pensada para as persoas e ao servizo da transformación social.
 
Sobre o Programa para a Ocupación e a Innovación Social da UE
 
Como explican desde EaSI “ en virtude do Programa Europeo para a Ocupación e a Innovación Social (EaSI), a Comisión Europea apoia o microfnanciamento e o fnanciamento para o emprendemento social cunha dotación de 193.000.000 euros polo período 2014-20. O obxectivo é aumentar o acceso ao microfnanciamento, p.e., con préstamos de ata 25.000 euros, en particular a entidades pequenas. Así mesmo, e por primeira vez, a Comisión Europea apoiará entidades sociais mediante investimentos de ata 5000.000 euros. O apoio ao microfnanciamento e á emprendedoría social impleméntase, en primeira instancia mediante a Garantía EaSI, que permitirá a
provedores de microcréditos en inversores de entidades sociais chegar a emprendedores que non poderían terse fnanciado por consideracións de risco. A Comisión Europea escolleu o Fondo Europeo de Investimento para implementar a Garantía EaSI.
 

     

“La financiación cuenta con el apoyo de la Unión Europea en el marco del instrumento de garantía establecido de conformidad con el Reglamento (UE) nº 1296/2013 del Parlamento Europeo y del Consejo, relativo a un Programa de la Unión Europea para el Empleo y la Innovación Social («EaSI»)”.

«Esta garantía está financiada por la Unión Europea en el marco del Programa para el Empleo y la Innovación Social («EaSI»).

«La presente financiación disfruta de una garantía financiada por la Unión Europea con arreglo al Programa de la Unión Europea para el Empleo y la Innovación Social («EaSI») y el Fondo Europeo para Inversiones Estratégicas («FEIE»), establecido en el marco del Plan de Inversiones para Europa. El FEIE tiene por objeto contribuir a apoyar la financiación y la aplicación de inversiones productivas en la Unión Europea y garantizar un mayor acceso a la financiación.»

Máis información en:

http://ec.europa.eu/social/EASI

http://ec.europa.eu/social/socialentrepreneurship

https://www.eif.org/easi/

Sale en portada general: