
O Maratón dos Contos é o festival de narración oral máis grande de España con 46 horas ininterrompidas de contacontos, preto de 1.500 narradores e 15.000 espectadores congregados en Guadalaxara. Cada edición articúlase ao redor dun tema que inspira toda a programación con conferencias, actividades familiares, o Festival de Narración Oral profesional e o Maratón Viaxeiro, que leva os contos a municipios de toda a provincia.
A 35.ª edición celebrouse os días 12, 13 e 14 de xuño co lume como metáfora vertebradora. Máis aló do Palacio do Infantado, escenario principal do festival, a narración oral estendeuse por rúas, prazas e teatros da cidade. Durante un fin de semana, Guadalaxara congregou a narradoras e narradores profesionais, veciñas e veciños e visitantes de todas as idades para contar e escoitar historias, acompañados de artistas, titiriteros e músicos. Desta edición destacou a participación de Fidaa Ataya, narradora e actriz palestina, falou sobre o estado da narración oral en Cisxordania e do traballo de recuperación de historias en pobos, cidades e campos de refuxiados.

O festival organízao o Seminario de Literatura Infantil e Xuvenil (SLIJ), unha asociación cultural sen ánimo de lucro fundada en 1985 que, máis aló do Maratón, colabora con centros do Maratón dos Contos é o festival de narración oral máis grande de España con 46 horas ininterrompidas de contacontos, preto de 1.500 narradores e 15.000 espectadores congregados en Guadalaxara. Cada edición articúlase ao redor dun tema que inspira toda a programación con conferencias, actividades familiares, o Festival de Narración Oral profesional e o Maratón Viaxeiro, que leva os contos a municipios de toda a provincia.
O SLIJ contou cunha póliza de crédito de 30.000 € de Coop57 que lles permitiu abonar con antelación aos profesionais que participaron no festival. Este préstamo posibilítalles facer fronte ás tensións de teouraría propias dunha entidade que depende de subvencións públicas e continuar coa súa tarefa sen depender da banca convencional, demostrando, así, que as finanzas éticas tamén fan posible a cultura.




