Galego

Quen decide que empréstimos se conceden?

As solicitudes de empréstimos son analizadas pola Comisión Técnica. A súa función é garantir que os proxectos sexan viables e poidan afrontar o retorno do empréstimo. Os seus membros son persoas vinculadas coa economía social e solidaria e con coñecementos económicos e financeiros, pero independentes da estrutura técnica de Coop57.

Galego

Coop57 concede empréstimos a particulares?

Coop57, pola súa natureza xurídica non pode ofrecer empréstimos a persoas individuais. Só pode ofrecer servizos financeiros aos seus socios de servizos, é dicir, a entidades da economía social e solidaria (cooperativas, asociacións, fundacións, empresas de inserción, movementos sociais, ONG, etc.). Priorizamos así o financiamento de proxectos económicos colectivos.

Galego

Que pasa se as entidades que recibiron os empréstimos non devolven o diñeiro?

Unha vez esgotadas todas as posibilidades e en caso de que a entidade non mostrase ningún interese por devolver o diñeiro Coop57, en defensa dos dereitos e deberes das entidades socias e os socios colaboradores, exercería as accións legais oportunas.

Se a entidade non puidese devolver o empréstimo sen que haxa ningún tipo de "mala fe", e esgotadas todas as opcións, convocaríase os avalistas para que cumprisen o seu compromiso.

Galego

Que garantías se piden para conceder un empréstimo?

Para conceder un empréstimo, Coop57 pide determinadas garantías á entidade que solicita o apoio financeiro e, no seu caso, avais de tipo persoal e non patrimonial ás persoas que exercen como avaladores da solicitude.
Galego

Páxinas